A Fiscalía recorre o arquivamento da morte dun bebé en Ourense
Publicado o 11/12/2019 12:41
Novidades no caso do bebé que faleceu na súa casa en Ourense, días despois de que o seu xemelgo ingresara con graves lesións no hospital.
A Fiscalía recorreu contra o arquivamento do seu falecemento. A autopsia non puido determinar a causa da morte, por iso o xuíz decidira sobreser o caso e imputar os pais unicamente por un presunto delito de malos tratos ao outro neno.
O bebé que sobreviviu ingresou con varias costelas rotas, segundo o maxistrado, lesións causadas de xeito intencionado. A Fiscalía considera que os proxenitores, aos que se lles quitou a custodia do neno, tamén son responsables dun delito de homicidio por imprudencia pola morte do outro xemelgo que atribúen á suposta desatención do menor.
Máis sobre Ourense
23/01/2021 15:08
22/01/2021 20:46