CRTVG

Buscar

A Fiscalía reclámalle a Lito outros 35 anos de cadea

Publicado o 12/09/2017 09:25

O 'rei das orquestras' volve de novo aos xulgados

A Fiscalía reclámalle outros 35 anos de cadea a Ángel Martínez Pérez "Lito" polo notable incremento patrimonial entre 2009 e 2012, uns ingresos dos que apenas declararía unha ínfima parte a Facenda.

Ademais, en materia de responsabilidade civil, o Ministerio Público solicita a devolución de case 4 millóns e medio supostamente defraudados ás arcas do Estado e que se condene a Martínez Pérez a multas que suman case 13 millóns de euros.

Aínda está pendente de coñecerse a sentenza da Audiencia de Pontevedra por unha primeira acusación de fraude a Facenda pola que o fiscal reclama unha condena de 14 anos de prisión.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2017