CRTVG

Buscar

A Fiscalía rebaixa a 13 anos a petición de prisión para o acusado de abusar dunha menor en Vigo

Publicado o 07/11/2019 18:58
A Fiscalía rebaixa a 13 anos a petición de prisión para o acusado de abusar dunha menor en Vigo

A Fiscalía rebaixou de máis de 25 anos a 13 a súa petición de prisión para un acusado de abusar  sexualmente en Vigo dunha menor de 15 anos discapacitada e concertar citas coa vítima a través do teléfono móbil. 

No xuízo, que se levou a cabo este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, o Ministerio Fiscal reduciu a súa petición de pena debido a que no seu escrito solicitaba que o acusado fose condenado, entre outros cargos, por dous delitos continuados de abuso sexual. Tras esta xornada, a Fiscalía só pide que o home sexa sentenciado por un delito continuado de abuso sexual e por outro delito do artigo 183 do Código penal, relativo aos contactos por teléfono para concertar encontros e abusar da moza, pasando de 25 anos e medio a 13 anos de cárcere.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí