CRTVG

Buscar

A fiscalía querélase contra Quim Torra por non retirar os lazos amarelos

Publicado o 27/03/2019 20:41

A fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña presentou unha querela contra Quim Torra por desobediencia. O ministerio público acusa o presidente da Generalitat de non atender a orde da Xunta electoral central de quitar os lazos amarelos e as pancartas de apoio aos políticos presos dos edificios da Generalitat. Torra respondeu con outra querela contra a Xunta Electora Central alegando que o Estado non tolera a discrepancia política.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019