CRTVG

Buscar

A Fiscalía portuguesa acusa 12 persoas polo incendio de Pedrogão Grande

Publicado o 27/09/2018 20:56

A Fiscalía portuguesa acusou hoxe de xeito formal ex-alcaldes e responsables de Protección Civil de cometer homicidio por neglixencia durante o incendio de Pedrógão o ano pasado. Un incendio onde faleceran 66 persoas. 

Concretamente, o Ministerio Público portugués apunta a 12 persoas. Entre elas figuran dous altos cargos dunha empresa de enerxía eléctrica, tres mandos de coordinación de Protección Civil e tres altos funcionarios da empresa responsable do mantemento da estrada onde morreron atrapadas 47 persoas. Pero o que máis está dando que falar a estas horas no país é que tres alcaldes e un funcionario de municipios onde houbo vítimas tamén están acusados de homicidio por neglixencia e ofensa a integridade física.

Di o texto da Fiscalía que os numerosos erros das autoridadades responsables quedaron probados en informes independentes. Estes estudos manifestan a descoordicación entre os efectivos de socorro, protección civil e bombeiros.

O lume de xuño do ano pasado en Pedrogão Grande levou por diante 66 persoas e está considerado como o peor da historia recente de Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2018