CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide unha euroorde por sedición para dous ex-consellers fuxidos

Publicado o 31/10/2019 12:21
A Fiscalía pide unha euroorde por sedición para dous ex-consellers fuxidos

A Fiscalía pediulle ao xuíz Pablo Llarena que dite unha orde europea e internacional de detención e entrega contra os ex-consellers Toni Comín e Clara Ponsatí por sedición e malversación, mentres que a Lluis Puig reclámao só por este último delito.

Polo momento, a Fiscalía non se pronunciou sobre a situación da secretaria xeral de ERC, Marta Rovira -fuxida en Suíza-, e cuxo caso, segundo avanzaron fontes xurídicas, examinará con máis detemento, dado que no país helvético non funciona a euroorde.

No caso da ex-conselleira Meritxell Serret e a ex-dirixente das CUP Anna Gabriel, as fontes consultadas indicaron a Efe que a Fiscalía descartará pedir a euroorde contra ambas.