CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide tres anos de prisión para o dono da parcela en que morreu o pequeno Julen

Publicado o 17/07/2019 09:20

A Fiscalía pide tres anos de prisión para o dono da parcela de Totalán onde morreu o pequeno Julen. O ministerio público acusa a David Serrano dun delito de homicidio imprudente grave, por non sinalizar nin advertir da presenza do pozo en que caeu o neno. Pide a apertura de xuízo oral contra el, e que indemnice os pais do menor pola morte do seu fillo e a Junta de Andalucía polos danos acusados.

Pola súa banda, a defensa de Serrano pide o arquivamento da causa. Manteñen que o suceso era imposible de prever e falan de neglixencias dos pais e do proceso. 

"O noso cliente avisou. Así consta nas declaracións do pai perante a Garda Civil. Así consta nas declaracións do pai perante a xuíza de instrución. O que nós entendemos con este caos de cousas é que temos sumarios distintos", asegura Juan Martínez, a avogado do dono da parcela.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019