CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide sete anos para dous ex-conselleiros de Gallardón polo caso Lezo

Publicado o 28/06/2019 11:31
A Fiscalía pide sete anos para dous ex-conselleiros de Gallardón polo caso Lezo

A Fiscalía Anticorrupción pide unha pena de 7 anos de cárcere por malversación aos ex-conselleiros do Goberno de Alberto Ruiz-Gallardón Juan Bravo e Pedro Calvo, dous dos 22 acusados pola compra en 2001 da colombiana Inassa por parte do Canal de Isabel II cun sobreprezo de entre 19 e 29 millóns de euros.

No seu escrito de acusación presentado na Audiencia Nacional por esta peza do caso Lezo, a Fiscalía pide penas de entre 6 e 7 anos de prisión para 22 persoas, entre elas o ex-presidente da Cámara de Contas madrileña e ex-xerente do Canal, Arturo Canalda, a quen solicita 7 anos, e varios ex-conselleiros do Canal, que se enfrontan á petición máis baixa, de 6 anos.

Outros dos acusados pola Fiscalía son o ex-director económico e de desenvolvemento comercial do Canal José Antonio de Cachavera (7 anos) e o seu ex-director de Novos Negocios Pablo López de las Heras (7 anos).

Segundo Anticorrupción, a compra do 75 % de Inassa, que foi aprobada o 29 de novembro de 2001 polo Consello de Goberno da Comunidad de Madrid, efectuouse por 73 millóns de dólares e cun "sobreprezo indebido" de entre 19.066.500 e 29.013.109 euros "con cargo aos fondos públicos cuxa salvagarda tiñan encomendada, todo iso sen motivo algún que o xustificase e en beneficio exclusivo dos vendedores". 

Noticias web

28/06/2019