CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide sete anos de cárcere para Correa e Crespo pola trama da Gürtel en Xerez

Publicado o 17/09/2019 13:40

 

 

A Fiscalía pide sete anos de cárcere para Correa e Crespo pola trama da Gürtel en Xerez

A fiscal mantivo este martes no xuízo a súa petición de sete anos e nove meses de prisión para os números 1 e 2 da  Gürtel, Francisco Correa e Pablo Crespo, pola trama en Xerez (Cádiz), cuxo Concello adxudicou tres contratos supostamente irregulares para Fitur 2004.

Nas conclusións definitivas, a fiscala mantivo igualmente a súa solicitude da mesma pena de sete anos e nove meses de cárcere polos mesmos delitos de falsidade documental e fraude ás administracións públicas para o ex-empregado das empresas de Gürtel Javier Nombela.

A Audiencia Nacional confirmou o procesamento do ex-presidente valenciano Francisco Camps por delitos de prevaricación e fraude en relación coa contratación irregular da trama Gürtel para a montaxe do expositor do pavillón da Comunidade Valenciana en Fitur 2009. A AN rexeitou o recurso de Camps contra o seu procesamento nesta peza do caso Gürtel, en que a Fiscalía Anticorrupción lle pide 2 anos e 6 meses de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí