CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide seis anos de cadea para un home acusado de abusar sexualmente da fillastra

Publicado o 15/01/2019 14:18

O Ministerio Público pide seis anos de cadea para un home acusado de abusar sexualmente da súa fillastra menor de idade.
A vista celebrouse hoxe a porta pechada na Audiencia Provincial de Ourense. Os feitos aconteceron supostamente no domicilio familiar. Segundo o relato das acusacións, os abusos sobre a cativa foron nos primeiros meses de 2016. O home aproveitaba a ausencia da súa parella da casa para sentar canda ela no sofá e facerlle tocamentos.




 

Noticias web

15/01/2019