CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide que se arquive a causa contra os policías xemelgos de Ourense investigados por homicidio

Publicado o 25/07/2019 13:12

A fiscalía pide que se arquive a causa contra os policías xemelgos de Ourense investigados polo homicidio dun compañeiro.

O Ministerio Público solicita á xuíza que instrúe o caso que sexa sobresido provisionalmente despois do informe da Unidade de Asuntos Internos da Policía que considera que a morte de Celso Blanco foi un suicidio. O avogado da familia do policía falecido xa presentou escritos opoñéndose ao arquivo e pedindo que se continúe coa investigación para resolver que pasou na comisaría de Ourense o 9 de abril de 2016, o día que Celso Blanco, de 42 anos, apareceu morto cun disparo na cabeza.
 

Noticias web

25/07/2019