CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide que Chaves e Zarrías declaren como investigados noutra peza dos ERE

Publicado o 02/12/2019 15:04
A Fiscalía pide que Chaves e Zarrías declaren como investigados noutra peza dos ERE

A Fiscalía Anticorrupción imputa o ex-presidente andaluz Manuel Chaves noutra das pezas do caso dos eres.
Nun escrito remitido ao xulgado, a fiscalía solicita que Chaves e o ex-conselleiro de Presidencia Gaspar Zarrías, ambos condenados xa a nove anos de inhabilitación, declaren en calidade de investigados en relación a un préstamo de 3,7 millóns de euros concedido a unha empresa no que podería constituír un novo delito de prevaricación. Anticorrupción inclúe no caso outras 13 persoas, 8 delas altos cargos tamén da Junta durante o goberno socialista.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019