CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide prisión permanente revisable para Ana Julia Quezada

Publicado o 24/01/2019 19:22

A Fiscalía de Almería solicita a prisión permanente revisable para Ana Julia Quezada, a autora confesa do asasinato do neno Gabriel Cruz. No escrito provisional de cualificación, que xa lle entregou ao xulgado, o Ministerio Público acúsaa do delito de asasinato con aleivosía. Engade a petición de dez anos máis de prisión polos delitos de lesións psíquicas producidas aos pais polo finximento e farsa pública que mantivo durante a busca do neno.
 

Noticias web

24/01/2019