CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide nove anos de cárcere para o acusado de intentar asasinar un motorista en Ourense

Publicado o 23/06/2020 14:38

Leva no cárcere dende que sucederon os feitos hai preto de catro anos. Está acusado de intentar asasinar un motorista. Di o Ministerio Fiscal que houbo discusión de tráfico e que o acusado o golpeou violentamente coa furgoneta e ata lle pasou coas rodas por riba do corpo, que seguiu camiño e non parou para socorrelo. Pídenlle nove anos de cárcere por estes feitos.

O acusado asegura que foi o motorista o que se meteu no seu camiño e que non conseguiu esquivalo. Dixo que non puido frear porque lle fallou o coche.

O letrado da acusación particular eleva a pena a 12 anos. Di que o acusado non parou para socorrelo, que foi a Policía Local a que lle deu o alto, e que a vítima do atropelo quedou con numerosas secuelas.

A vítima, que declarou tras un biombo, dixo que o acusado lle pitou e lle braceou porque ía moi amodo, pero que despois xa non recorda nada máis. A defensa do acusado argumenta que non hai probas suficientes que demostren a intencionalidade dos feitos.

Noticias web

23/06/2020