CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide nove anos de cadea para un home acusado de intento de violación dunha menor

Publicado o 19/04/2021 13:15
A Fiscalía pide nove anos de cadea para un home acusado de intento de violación dunha menor

O fiscal pide nove anos de cadea para un home acusado de intentar violar unha menor en Lugo. Os feitos aconteceron na Noitevella de 2019. A agresión sexual non chegou a completarse porque uns mozos escoitaron os gritos da vítima e acudiron a socorrela.

O relato fiscal afirma que a vítima, de 16 anos, sufría intoxicación etílica e estaba baixo os efectos dalgunha substancia de submisión química. O acusado está en prisión provisional, á espera de xuízo.

Noticias web

19/04/2021