A Fiscalía pide máis controis das persoas que conducen patinetes eléctricos
A Policía Local de Ferrol interceptou esta semana, no barrio de San Xoán, o condutor dun patinete eléctrico que circulaba en sentido contrario. Tras ser sometido á proba de alcoholemia, o home deu positivo catro veces máis do máximo permitido.
Como os patinetes eléctricos non están considerados vehículos de motor, a sanción foi administrativa, con multa de 500 euros. En España, que os patinetes non respecten as normas levou a actuar a Fiscalía de Seguridade Vial. Enviou un oficio a todas as policías locais do territorio para que intensifiquen os controis sobre condutores de patinetes que fai estensible tamén a ciclistas.
O MInisterio Público entende que o feito de non respectar os sinais e normas xera inseguridade e perturba a convivencia afastándose da mobilidade sostible que pretenden este tipo de vehículos.