A Fiscalía pide catro anos de cárcere para Arancha Sánchez Vicario por un delito de alzamento
Publicado o 06/07/2021 15:31

A Fiscalía pide catro anos de cárcere para a extenista Arancha Sánchez Vicario e o seu exmarido Josep Santacana. O ministerio público acusa ambos os dous por un delito de alzamento de bens ou de insolvencia e unha multa duns 8.300 euros. Segundo a fiscala, os dous urdiron un plan para descapitalizar o seu patrimonio e evitar o pago dunha débeda de máis de 6 millóns de euros ao banco de Luxemburgo. Débeda que a fiscala solicita no seu escrito de acusación que sexa aboada en concepto de responsabilidade civil.