CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 7 anos de prisión para o 'pequeno Nicolás' por simular cargos públicos que non tiña

Publicado o 17/05/2019 19:05
A Fiscalía pide 7 anos de prisión para o 'pequeno Nicolás' por simular cargos públicos que non tiña

A Fiscalía pide 7 anos de prisión para Francisco Nicolás, coñecido como o 'pequeno Nicolás', por facerse pasar por enviado da Casa Real e do Goberno. En concreto a Fiscalía de Madrid impútalle delitos de usurpación de funcións, falsidade en documento oficial e suborno pasivo. Tamén lle reclama unha multa de 81.000 euros. Acúsano de organizar un xantar en Ribadeo cun empresario facéndose pasar por enlace co Goberno e coa Casa Real. Tamén están procesados un policía nacional e un policía local.

Noticias web

17/05/2019