CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 7 anos de prisión para catro membros de La Manada polo caso Pozoblanco

Publicado o 21/01/2019 18:20

O Ministerio Fiscal solicitou penas que suman 7 anos de prisión para cada un dos catro membros da Manda acusados de abusar sexualmente e de atentar contra a intimidade dunha muller en maio de 2016 na localidade cordobesa de Pozoblanco.

No seu escrito de acusación o fiscal imputa estes delitos a Alfonso Jesús Cabezuelo, José Ángel Prenda, Antonio Manuel Guerrero e Jesús Escudero, que acudiron na noite do 1 de maio de 2016 á feira da localidade de Torrecampo (Córdoba) e nunha caseta coincidiron coa vítima, que estaba en compañía duns amigos.

Segundo o fiscal, os abusos producíronse nun vehículo no que se ofreceron a levar á moza e despois os acusados difundiron imaxes nun chat.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019