CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 43 anos de cadea para un empresario catalán por abuso sexual a varios menores

Publicado o 10/09/2019 14:52

Un empresario está acusado de abusar de varios menores de idade. Contratábaos para repartir a publicidade dos cines que rexentaba na comarca barcelonesa de Maresme. Despois, segundo o relato da Fiscalía, aproveitaba a súa posición de poder para obrigalos a ter sexo cunha prostituta mentres el miraba. Tamén lles ofrecía cartos para ter relacións homosexuais. Están denunciadas 5 violacións.

Os feitos aconteceron entre os anos 2007 e 2011. A Fiscalía solicita para o acusado unha pena de 43 anos e tres meses de cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019