A Fiscalía pide 42 anos de prisión para o home acusado do crime de Chapela
Os feitos que se están a xulgar sucederon en 2017 cando o acusado, presuntamente, matou dun disparo un mozo de 25 anos. Ocorreu durante a noite de San Xoán. Supostamente, o detido disparoulle á vítima despois de que lle recriminara que ouriñara sobre un grupo de persoas. A Fiscalía e a acusación particular piden para el 42 anos de cárcere polo asasinato do mozo, pero tamén polo intento de asasinato doutro amigo e por intento de homicidio dos policías que conseguiron reducilo. A súa defensa pide a absolución alegando que consumira alcol e ansiolíticos e que tiña síndrome de abstinencia por consumo de heroína.
Será un xurado popular o que determine se José Luís Luna é culpable do asasinato de Daniel Beltrán en 2017. A fiscalía e a acusación particular sosteñen que esa noite de San Xoán o acusado non dubidou en disparar ata en dúas ocasións contra a vítima, de 25 anos, e contra un amigo seu que tratou de socorrelo. Manteñen que ademáis o fixo estando en plenas facultades mentais no momento dos feitos e que era coñecedor da perigosidade do revólver que lebaba cargado.
A defensa pola súa banda mantén Luna que estaba baixo os efectos do alcol e os ansioliticos e con síndrome de abstinencia. Durante a súa declaración no xuizo, José Luís Luna asegurou que non lembraba o sucedido aquela noite ata que chegou á comisaría.
Tamén nesta xornada declararon varias testemuñas que estaban na praia de Arealonga esa noite e que recoñeceron o acusado como o autor do disparo que acabou coa vida de Daniel e presenciaron como volvía empuñar a arma contra o seu amigo.
O xuízo continúa este martes coa declaración dos policías que o detiveron, un traballo que lles supuxo a condecoración dunha cruz con distintivo vermello, xa que ademais do asasinato de Daniel Beltrán está acusado do intento de asasinato doutro mozo e intento de homicidio contra os axentes.