CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 30 anos de cárcere para o etarra Txeroki polo asasinato do maxistrado José María Lidón

Publicado o 04/11/2019 15:10

A Fiscalía pide 30 anos de cárcere para os etarras Garikoitz Aspiazu, alcumado Txeroki, por asasinar a tiros en 2001 o maxistrado José María Lidón na localidade biscaíña de Getxo, e retirou os cargos contra Asier Arzalluz.

As dúas testemuñas princiais, a viúva e o fillo da vítima, recoñeceron a Txeroki  como autor do crime durante a primeira sesión do xuízo celebrada na Audiencia Nacional.

Na Audiencia Nacional comezou esta mañá o xuízo contra os etarras Garikoitz Aspiazu,Txeroki, e Asier Arzalluz acusados de asasinar a tiros en 2001 o maxistrado José María Lidón.

Os dous etarras, que só responderon ao seu avogado, negaron a súa participación no crime e aseguraron que nin sequera estaban en Getxo cando se cometeu o atentado.

Nese lugar situaron a Txeroki, a viúva e o fillo da vítima, que o identificaron como autor do asasinato.

"Ao saír de, iamos saír do garaxe e entón unha persoa achegouse á fiestra dereita, á do condutor, que conducía o meu marido e disparoulle".

"Eu ao segundo puiden velo perfectamente porque veu de fronte a min, andando durante varios metros, polo que puiden velo perfectamente polo cristal de diante".

Nas conclusións finais, a Fiscalía mantivo a súa petición de 30 anos de cárcere para Txeroki e retirou a acusación para o outro etarra.

Noticias web

04/11/2019