CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 102 anos de prisión para 12 membros de Causa Galiza e Ceivar

Publicado o 11/11/2019 20:42

A Fiscalía da Audiencia Nacional pide entre 4 e 12 anos de prisión por enaltecemento do terrorismo para doce membros de Causa Galiza e Ceivar.

O escrito da Fiscalía sostén que constitúen unha organización criminal que desenvolveu actividades de apoio a Resistencia Galega e pide a súa disolución. En total, os acusados enfróntase a 102 anos de prisión.

Causa Galiza cualifica o documento da Fiscalía de decisión político-xudicial e encádrana na persecución do independentismo politicamente organizado.


 

Noticias web

11/11/2019