A Fiscalía non ve indicios de criminalidade no incendio de Notre Dame
Publicado o 26/06/2019 18:42

A xustiza francesa desbota que o incendio da catedral de Notre Dame de París fose intencionado. Segundo a investigación preliminar da Fiscalía, non hai indicios de actividade criminal. As dúas hipóteses máis plausibles son un fallo no sistema eléctrico ou unha cabicha mal apagada.
De calquera xeito, a Fiscalía segue sen ter indicios que a decanten por unha das hipóteses. A investigación está en mans de tres xuíces instrutores.