CRTVG

Buscar

A fiscalía mantén a petición de penas no remate do xuízo polo tiroteo no CHUO

Publicado o 08/11/2018 13:27

O Ministerio Público ratifica a súa versión inicial dos feitos e considera probado que todos os acusados portaban armas, e que as usaron co ánimo de matar os membros doutra familia coa que mantiñan desavinzas. Por iso, acúsaos a todos de homicidio en grao de tentativa, tenza ilícita de armas, desordes públicas e, a un deles, impútalle ademais un delito de atentado á autoridade, por enfrontarse armado ao garda de seguridade do hospital. Precisamente, a declaración deste vixilante xurado, en que se basea a Fiscalía, é denunciada como falso testemuño polo avogado de tres dos acusados.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018