CRTVG

Buscar

A fiscalía mantén a petición de 26 anos para o acusado de catro roubos a entidades bancarias na Coruña

Publicado o 29/01/2020 17:18
A fiscalía mantén a petición de 26 anos para o acusado de catro roubos a entidades bancarias na Coruña

A Fiscalía mantén a solicitude de condena de 26 anos de prisión para o acusado de atracar armado catro entidades bancarias na Coruña, uns feitos dos que este home se declarou inocente co argumento de que o atracador se "parecía" a el fisicamente. Ao termo das declaracións e da parte documental, as partes deron lectura ás súas conclusións finais. No caso da Fiscalía, mantén a petición de pena que solicitaba inicialmente de 26 anos de prisión polos catro delitos de roubos.

Na sesión deste mércores, ademais de traballadores dos bancos atracados, declararon policías encargados da investigación, quen explicou que, ao ter coñecemento de que o home realizaba atracos nos períodos de permiso penal, planearon un seguimento no último asalto, que culminou coa detención deste home.

Pola súa banda, todos os traballadores das entidades bancarias recoñeceron, ante o tribunal, o acusado como o autor destes feitos.

"Sen ningunha dúbida", manifestaron dous dos empregados, que non tiveron dúbidas de que o home que estaba no banco dos acusados era a persoa que cometeu os atracos.

O primeiro dos roubos produciuse nunha sucursal da Caixa Rural Galega na Coruña, onde se apoderou de 9.000 euros. Outro tivo lugar en setembro cando subtraeu 6.000 euros dunha sucursal de Abanca, tamén na cidade herculina. Os outros dous rexistráronse, sempre na Coruña, en decembro de 2018 na sucursal Targobank, onde apuntar cunha arma a diversas persoas e roubou case 7.000 euros. Nunha oficina de Caixabank subtraeu 1.000 euros en febreiro do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020