A Fiscalía investigará as obras do túnel de Elduayen
Publicado o 22/06/2020 20:31
A Fiscalía abriu dilixencias para investigar pola vía penal as obras do túnel de Elduayen de Vigo. A orixe desta acción está na denuncia feita por unha asociación de restauradores sobre a posible ilegalidade das obras e as consecuencias negativas que van ter para o patrimonio cultural vigués.
A denuncia conta co apoio do colectivo Vigo-Histórico. As obras paralizáronse polo estado de alarma, pero o alcalde xa anunciou que se van reiniciar axiña.
Máis sobre Vigo
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58