CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga se houbo devolucións "en quente" de menores en Ceuta

Publicado o 28/05/2021 14:09
A Fiscalía investiga se houbo devolucións "en quente" de menores en Ceuta

A Fiscalía investiga se houbo devolucións "en quente" de menores en Ceuta. A Fundación Raíces denunciou o caso concreto dun rapaz, de 16 anos, que cruzou a nado na recente crise migratoria, e que, segundo a demanda, foi devolto a Marrocos ese mesmo día.

A escena gravouna un xornalista da axencia Reuters. O Ministerio Público xa lle solicitou o vídeo completo. Tamén pide ás autoridades información sobre as instrucións que recibiron as forzas de seguridade durante a crise e saber quen as ditou.

Noticias web

28/05/2021