CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga se hai responsabilidades penais na aparición de falecidos nas residencias

Publicado o 24/03/2020 13:55

O Exército está actuando en ducias de residencias, a maioría da Comunidade de Madrid, e nalgún caso atoparon cadáveres xunto a outros residentes en malas condicións. Confirmouno a ministra de Defensa. Despois explicou que a inmensa maioría das residencias están funcionando ben e que eses casos son puntuais, como tamén destacan os propios militares sen entrar en detalles.

As  mortes xa as investiga a Fiscalía para determinar posibles responsabilidades penais, que non teñen por que ser do xeriátrico. Algúns denuncian que as funerarias están colapsadas e tardan en recoller os corpos, e que os enfermos máis críticos xa non son trasladados aos hospitais.

Hoxe publica o BOE a orde que tamén permite ás comunidades intervir nas residencias en función da situación e mesmo decidir o traslado dos residentes.

Noticias web

24/03/2020