CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga a Celaá por forzar a lei para deixar pasar de curso sen límite de suspensos

Publicado o 28/10/2020 08:33

A Fiscalía do Tribunal Supremo abriu unha investigación non só á Ministra Celaá, senón tamén aos responsables autonómicos de Educación que o pasado mes de abril acordaron ser flexibles por mor da covid-19 cos alumnos, ata o punto de que se lles permitía pasar de curso e obter os títulos de ESO, bacharelato ou FP sen límite de suspensos.

A fiscalía considera que non tiñan capacidade para tomar esa decisión e que os feitos poderían ser cualificados de usurpación de funcións ou, alternativamente, prevaricación administrativa.

A fiscalía engade que esa decisión modificou o contido dunha lei orgánica, a LOMCE, dun xeito irregular, e que debería ser o Congreso dos Deputados quen tomara esa decisión, por maioría absoluta.

Pasar de curso sen límite de suspensos foi un caso puntual, pero tamén se quere incorporar á chamada Lei Celaá que se está a tramitar no Congreso. Pero o que denuncia a Fiscalía é o xeito de tomar a decisión, modificando o estipulado nunha lei orgánica vixente. Agora, veremos o percorrido que ten esta investigación da Fiscalía.

Noticias web

28/10/2020