CRTVG

Buscar

O fiscal do Tribunal de Contas ve indicios de delito nos gastos electorais de Podemos

Publicado o 21/08/2020 13:03

A Fiscalía do Tribunal de Contas ve indicio de delito nos gastos electorais de Podemos en 2019 e pide que se investiguen. 

O responsable do Ministerio Público apunta que o contrato coa consultora Neurona, de 360.000 euros, puido ser simulado. E ve dous supostos delitos: un electoral e outro de falsidade documental.

A Fiscalía pide que se investigue pola vía penal, xa que o Tribunal de Contas non ten competencias para facelo. Dende Podemos defenden a súa contabilidade e póñense á disposición da xustiza para colaborar.

Noticias web

21/08/2020