CRTVG

Buscar

A Fiscalía de Nova York anuncia a apertura dunha investigación criminal das empresas da familia Trump

Publicado o 20/05/2021 08:41
A Fiscalía de Nova York anuncia a apertura dunha investigación criminal das empresas da familia Trump

A fiscal xeral de Nova York anunciou a apertura dunha investigación criminal das empresas da familia Trump. Os fiscais sospeitan que Trump inflou o valor dos seus negocios inmobiliarios para pedir préstamos, pero que despois os infravalorou para pagar menos impostos. Ata agora todas as investigacións sobre os negocios de Trump eran de carácter civil, pero a apertura dunha investigaciòn criminal coloca o expresidente diante da posibilidade de ir á cadea. 

Noticias web

20/05/2021