CRTVG

Buscar

A xustiza tamén prohibe as marchas feministas do 8-M este luns en Madrid

Publicado o 07/03/2021 18:12

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid rexeita outros cinco recursos presentados por sindicatos e asociacións feministas, que convocaron os seus actos para este luns.

A Sección 10ª da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXM desestima os cinco recursos contra a resolución ditada polo Delegado do Goberno en Madrid o pasado 3 de marzo e mediante a que se prohibiron as concentracións no Día Internacional da Muller por razóns de saúde pública.

Os maxistrados din que as razón de saúde pública prevalecen fronte ao dereito de manifestación, algo que xa apuntaron cando rexeitaron outros tres recursos doutras asociacións feministas que convocaron actos para este domingo ern Madrid.

O Tribunal Superior avala así a decisión da Delegación do Goberno, fronte a que se presentaron oito recursos por parte de asociacións feministas e sindicatos. A Fiscalía manifestouse a prol da prohbición, asegurando que as medidas de seguridade presentadas polas convocantes eran "insuficientes".

 

 

 

Noticias web

07/03/2021