CRTVG

Buscar

A Fiscalía acusa de organización criminal os 28 imputados polo 1-O

Publicado o 15/05/2019 16:58
A Fiscalía acusa de organización criminal os 28 imputados polo 1-O

A Fiscalía de Barcelona pediu que se procesen por un delito de organización criminal 28 dos imputados polos preparativos do 1-O, ademais dos de malversación, prevaricación, desobediencia, falsidade documental e revelación de segredos dos que xa están acusados.

O Ministerio Público presentou un escrito ante a titular do Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona en que pide engadir ese delito a 28 dos 30 procesados por organizar o 1-O, entre eles a cúpula da radio e a televisión públicas catalás e varios ex-altos cargos do Govern de Carles Puigdemont. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí