CRTVG

Buscar

Piden 12 anos para unha muller que contratou tres sicarios para matar o home

Publicado o 05/02/2019 20:50

Estes que ven son María Xosefa, veciña de Santa Comba, e os presuntos encargados de acabar coa vida do seu home. Segundo o fiscal, contratados e pagados por ela para asasinalo. Porén, ante o xuíz declarou que só quería darlle un susto.

Os presuntos acusados confirman esta versión, pero negan que participasen nos feitos. As defensas dos tres homes expoñen diferentes argumentos para demostrar a súa inocencia. A Fiscalía pide 14 anos de cadea para a muller por un delito de asasinato en grao de tentativa e 12 anos para cada un dos tres homes. O xuízo continúa mañá.
 




 

Noticias web

05/02/2019