CRTVG

Buscar

A Fiscalía cre que UXT Asturias desviou 1,4 millóns

Publicado o 04/12/2019 18:58

A Fiscalía cre que hai indicios suficientes para abrir xuízo contra UXT Asturias e máis a súa Fundación por fraude. O Ministerio Público considera que, entre 2010 e 2014, desviaron 1,4 millóns. Eses cartos eran fondos públicos para cursos de formación pero, segundo a Fiscalía, o sindicato destinounos a financiar os seus gastos.
O Observatorio Ciudadano Anticorrupción de Asturias que exerce a acusación popular cualifican como moi grave que un sindicato sexa procesado.
 

Noticias web

04/12/2019