CRTVG

Buscar

A Fiscalía cre que a saída a Bolsa de Bankia foi "un pesadelo" que os operadores queren facer desaparecer

Publicado o 02/09/2019 16:24

O xuízo do caso Bankia entrou hoxe na súa recta final co informe definitivo da Fiscalía. O Ministerio Público sostén que todo o que rodeou a saída á bolsa da entidade foi "un pesadelo" que os operadores implicados queren facer desaparecer, e cre que "minou a credibilidade exterior" da economía española.

A Fiscalía Anticorrupción mantén a petición de oito anos e medio de cárcere para o ex-presidente de Bankia, Rodrigo Rato, por estafa a investidores e falsidade contable. Cre probado que Rato coñecía as irregularidades nas contas da entidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019