CRTVG

Buscar

A fiscalía considera probado que houbo malversación na Fundación Cela

Publicado o 04/04/2019 20:15

Tras escoitar as declaracións dos peritos, comezaron as presentacións das conclusións no xuízo por suposta malversación na Fundación Cela.

A Fiscalía considera probado que os catro acusados, Marina Castaño, Dositeo Rodríguez, a súa filla Covadonga Rodríguez e Tomás Cavanna simularon o despedimento do ex-xerente para que cobrase 150.000 euros procedentes de fondos públicos. Por iso, ratifica a petición dunha pena de catro anos e medio de prisión e 8 de inhabilitación para os catro acusados e tamén que devolvan entre todos os cartos da indemnización. 

A acusación particular reitera os argumentos da fiscalía e engade que os acusados actuaron cunha ocultación maliciosa ao padroado da fundación e á Xunta de Galicia.

Entre as defensas hai sensación de optimismo. Abriu a quenda das conclusións das defensas o avogado de Marina Castaño. O letrado pensa que procede unha sentenza absolutoria. Argumenta que non se cumpren os criterios para que se poida falar de malversación e insistiu en que ningún dos catro acusados tivo a máis mínima intención de delinquir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019