A fiscalía arquiva a denuncia pola multa de Pérez Jácome
Publicado o 07/11/2019 15:19
A Fiscalía acaba de arquivar a denuncia pola multa ao alcalde de Ourense. Non vai iniciar actuacións pola denuncia que presentara Ciudadanos en que acusaban a Gonzalo Pérez Jácome de prevaricacion administrativa pola retirada da multa de estacionamento ao carón do Concello.
A Fiscalía considera que o rexedor non cometeu ningún delito e que a súa intervención non tivo nada que ver coa retirada da denuncia.