CRTVG

Buscar

A Fiscalía apelará á inviolabilidade do rei emérito para pedir o arquivamento das dilixencias

Publicado o 30/10/2020 15:07

A Fiscalía do Tribunal Supremo vai pedir o arquivo da investigación sobre o rei Xoán Carlos.

Considera que a inviolabilidade que lle outorga a Constitución ata a súa abdicación impide interpoñer unha querela contra o rei emérito por delito de branqueo ou infracción tributaria. Con todo, o informe que prepara a Fiscalía planea incluír un duro relato sobre as actividades do anterior xefe do Estado, como a presunta doazón millonaria de Arabia Saudita que se investiga en Suíza.

Noticias web

30/10/2020