CRTVG

Buscar

A Fiscalía Anticorrupción pide imputar o BBVA no caso Villarejo

Publicado o 24/07/2019 13:31

A Fiscalía Anticorrupción pide a imputación do BBVA como persoa xurídica no caso Villarejo. Entende que a entidade puido cometer delitos de suborno, revelación de segredos e corrupción ao contratar unha empresa do ex-comisario, actualmente encarcerado.

A sospeita de que Francisco González encargara traballos de espionaxe para evitar o asalto de Sacyr a BBVA levou o presidente de honra da entidade a dimitir dos seus cargos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019