CRTVG

Buscar

A Fiscalía Anticorrupción pide investigar a Cifuentes e Aguirre polo caso Púnica

Publicado o 03/08/2019 10:07

A Fiscalía Anticorrupción pide a imputación das ex presidentas madrileñas, Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes, pola presunta financiación ilegal do Partido Popular de Madrid, dentro da trama Púnica.

No caso de Aguirre, Anticorrupción sospeita que puido ter ordenado ou consentido o desvío de fondos desde empresas adxudicatarias de contratos públicos, como Indra, para financiar as suas campañas electorais.

En canto a Cristina Cifuentes, a fiscalía sospeita que lle adxudicou contratos as empresas do presidente dos empresarios madrileños, Arturo Fernandez, despois de que éste donase 160.000 euros ao PP a través dunha fundación.

Noticias web

03/08/2019