CRTVG

Buscar

A Fiscalía Anticorrupción está en contra de investigar a Pablo Iglesias

Publicado o 15/10/2020 14:48
A Fiscalía Anticorrupción está en contra de investigar a Pablo Iglesias

A Fiscalía Anticorrupción posiciónase en contra de investigar a Pablo Iglesias. Así llo explica á Fiscalía Xeral do Estado nunha nota interna, para que o teña en conta á hora de redactar o seu informe.

A fiscal, Dolores Delgado, evitou pronunciarse hoxe sobre o asunto, pero cualificou de "inadmisibles" as ameazas ao xuíz Castellón, tras pedir investigar a Iglesias.

O maxistrado denunciou unha campaña de desprestixio nas redes sociais e hoxe sumouse á denuncia a Asociación Profesional da Maxistratura. Piden medidas adecuadas para protexer o xuíz.

Noticias web

15/10/2020