CRTVG

Buscar

A Fiscalía alemá asume que Madeleine McCann morreu a mans do sospeitoso preso

Publicado o 04/06/2020 17:18

A Fiscalía de Braunschweig cre que a nena británica Madeleine McCann está morta e sospeita que o autor do asasinato é o home de 43 anos que está preso, cumprindo condena e cunha ampla historia de antecedentes por violencia sexual, tamén contra menores.

O sospeitoso, identificado como Christian B. polo diario Bild, viviu no Algarve portugués entre 1995 e 2007 e atopábase o día en que desapareceu a pequena preto da casa de vacacións de Praia da Luz onde estaban os McCann. A Fiscalía investiga o sospeitoso, que segundo o mencionado diario cumpre condena na cidade de Kiel (norte do país) por un caso non especificado por ese departamento.

Segundo o semanario Der Spiegel, ten un amplo historial delituoso, cuns 17 casos, desde agresións a roubos ou asuntos relacionados con drogas. O último caso relacionado con menores foi un proceso por tenencia de pornografía infantil, en 2016. Actualmente cumpre condena por unha violación cometida en 2005 en Portugal, cuxa vítima foi unha estadounidense de 72 anos á que atou, pegou, agrediu sexualmente e finalmente roubou. Non foi detido e procesado ata dez anos despois, por mor das probas de ADN realizadas nun cabelo que se atopou no lugar dos feitos. A desaparición de Madeleine, en 2007, produciuse nese espazo de tempo. 

Noticias web

04/06/2020