CRTVG

Buscar

A Fiscalía acusa a Cristina Fernández de dirixir unha asociación delituosa

Publicado o 22/05/2019 08:54

A ex-presidenta da Arxentina, Cristina Fernández, sentouse por vez primeira no banquiño dos acusados para ser xulgada, xunto a outras 13 persoas, por suposta corrupción durante o seu mandato.

Na primeira sesión do xuízo, que durou apenas tres horas, procedeuse á lectura dos cargos da Fiscalía contra a ex-presidenta.

A fiscalía sostén que Cristina Fernández e o seu home falecido, Néstor Kirchner, foron xefes dunha asociación delitiva que supostamente adxudicou irregularmente obra pública por importe de 1.000 millóns de euros ao empresario Lázaro Báez, estreito colaborador do tamén ex-presidente Néstor Kirchner.

"E usou as facultades dos seus subalternos, ministros, secretarios e administrador xeneral para dirixir máis fondos das súas respectivas carteiras co fin de beneficiar a Lázaro Báez e as súas empresas. A acusación deste ministerio público fiscal sostén que Cristina E. Fernández participou como xefa dunha asociación que estivo conformada por outros funcionarios públicos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019