CRTVG

Buscar

A Fiscalía, a favor de que Puigdemont se poida presentar ás europeas

Publicado o 03/05/2019 18:14
A Fiscalía, a favor de que Puigdemont se poida presentar ás europeas

A Fiscalía de Madrid pediu que se estime o recurso presentado por Carles Puigdemont, Antoni Comín e Clara Ponsatí contra a súa exclusión da candidatura europea de JxCat ao considerar que se vulnera "o dereito fundamental de sufraxio pasivo" que teñen os políticos cataláns fuxidos. O Ministerio Público presentou os seus argumentos no xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Madrid, onde Puigdemont, Comín e Ponsatí recorreron contra a decisión da Xunta Electoral Central que os deixou fóra da lista ao Parlamento Europeo, onde ocupaban os números 1, 2 e 3.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019