CRTVG

Buscar

A fiscala di que a sentenza da Manada non se debeu á presión social

Publicado o 24/06/2019 15:01

Durante o xuízo oral á Manada, a Fiscalía, e así o reflectira en 2017 no seu escrito de acusación, acusaba os cinco membros do grupo dun delito continuado de agresión sexual polo que pedía 18 anos de cadea, tres máis dos 15 que custa unha violación.

Elena Sarasate xa tiña claro entón que cada un violara a vítima e que, ademais, permitiran e presenciaran a violación dos outros compañeiros. Hoxe, en 2019, despois de que o Tribunal Supremo referendou a súa tese, está moi satisfeita.

Di a fiscala que os membros da Manada pensaban que tiñan impunidade. Sarasate, que durante o xuízo desmontou os argumentos dos avogados da Manada, detesta que se poña en dúbida o comportamento da vítima.

Sarasate engadiu durante a súa entrevista en La Sexta que non cre que a sentenza do Tribunal Supremo se vise influenciada pola presión social e mediática.

 

Noticias web

24/06/2019