CRTVG

Buscar

A fiscala xeral do Estado ve perturbador que Junqueras saia de prisión para recoller a acta de eurodeputado

Publicado o 12/06/2019 14:31

A fiscala xeral do Estado cuestionou hoxe que a Avogacía do Estado non se opoña á saída de Oriol Junqueras do cárcere para recoller a súa acta de eurodeputado.

María José Segarra di que as discrepancias xurídicas son admisibles, pero neste caso poderían resultar perturbadoras.

"Nós realizamos o noso informe. Cremos que axeitado, a estas alturas do xuízo, transmitir que podería ser perturbador realizar esa autorización. En todo caso, deberá ser o tribunal o que agora resolva e decida", comentou María José Segarra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019