CRTVG

Buscar

A fiscal di que Quezada actuou de maneira "premeditada e fría"

Publicado o 31/01/2019 08:48

A fiscal considera que Ana Julia Quezada actuou de maneira "meditada e fría" ao asasinar o pequeno Gabriel.

No escrito provisional de cualificacións, expón que Quezada estaba "pendente dos movementos" do neno e que aproveitou a relación de "confianza", por ser a moza do pai de Gabriel, para convencelo de que a acompañase.

Sostén que a detida tiña "intención" de matar o neno e que, ademais, ocultou o cadáver durante once días, mentres finxía estar "aflixida" pola desaparición.

Pide para ela prisión permanente revisable polo asasinato e dez anos máis por lesións psíquicas aos pais.

Noticias web

31/01/2019