CRTVG

Buscar

A filla dun emigrante galego triunfa no 'talent show' americano 'The Voice'

Publicado o 11/03/2021 15:33
A filla dun emigrante galego triunfa no 'talent show' americano 'The Voice'

Carolina Rial é a filla dun galego que emigrou aos Estados Unidos. Está triunfando nun programa musical. Nick Jones e John Legend se deron a volta na audición a cegas do programa 'The Voice', o equivalente americano a 'La voz'. Carolina Rial, conseguiu emocionar a todos.

"Mirala aí e ver que se deron a volta foi, á parte de sorpresa, unha alegría". "Nós soubemos no verán que estaba audicionando para un concurso pero non podían dicirnos nada", contan  Mari Paz e María José, as tías paternas de Carolina Rial, que viven en Boiro.

Carolina ten agora 17 anos, os mesmos que tiña seu pai cando emigrou aos EUA. "Alá dedicabase á construción, el empezou como moitos de albanel e montou a súa empresa", apunta Mari Paz.

Un cancro acabou coa súa vida no ano 2007, deixando viúva e 4 fillos. Nunca perderan o contacto con Galicia, a onde viñan con frecuencia.

"Os xemelgos bautizáronse aquí en Dena, e logo si que viñeron veces. A última creo que debía ter 9 anos máis ou menos", lembra María José. "Creo que toda a familia estamos tomando isto coma unha pequena homenaxe ao seu pai, unha homenaxe a Guillermo", aseguran.

Noticias web

11/03/2021